medio ambiente

  • Plan Municipal de Sostibilidade Ambiental

    Neste novo mandato impulsaremos a elaboración e posta en marcha dun Plan Municipal de Sostibilidade Ambiental que pivotará sobre os seguintes eixos:
    – Mellora do servizo de recollida de lixo e xestión dos residuos.
    – Elaboración dun estudo sobre a eficiencia enerxética dos edificios públicos e implantación das medidas correctoras que sexan necesarias.
    – Adopción de medidas de aforro enerxético.
    – Progresiva implantación da administración on line, de xeito que permita unha redución do consumo de papel nas dependencias públicas.
    – Promoción de accións de voluntariado, en colaboración con colectivos externos, para a limpeza dos cauces fluviais e as súas ribeiras.

  • Programa de renovación das instalacións de alumeado exterior

    Poremos en marcha un programa de renovación das instalacións de alumeado exterior público, tendo en conta os avances tecnolóxicos e os novos sistemas de regulación do fluxo luminoso (por exemplo, tecnoloxía micro-LED), así como as posibilidades de colaboración con entidades especializadas que brindan innovadores modelos de financiamento para a implantación destas melloras.

  • Optimizaremos a limpeza e conservación das rúas e espazos públicos do núcleo urbano

    Mediante o incremento dos recursos humanos e técnicos, de xeito que se ofreza unha mellor imaxe xeral do pobo e a cidadanía perciba unha mellora no servizo de mantemento e limpeza das rúas e beirarrúas.

  • Melloraremos o servizo de recollida selectiva de lixo e xestión dos residuos ao abeiro da estratexia 4R

    Dotaremos tanto ao núcleo urbano como ás parroquias do rural de máis colectores de lixo separativos para favorecer a práctica da estratexia das 4R: reducir, reciclar, reutilizar e recuperar.

  • Incremento dos puntos de contenerización soterrada para a recollida de lixo

    Aproveitando as intervencións urbanísticas que se fagan para a humanización de rúas no pobo, así como as novas zonas de expansión urbanística, coa finalidade de mellorar a estética urbana e evitar cheiros.

  • Campaña de fomento da utilización de bolsas reutilizables

    A través da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE), plantexarémoslle ao sector do comercio a posta en marcha dunha campaña de fomento da implantación de bolsas reutilizables que eviten a xeración de residuos plásticos.

  • Erradicación dos vertedoiros incontrolados

    Poremos en marcha os recursos necesarios para eliminar os vertedoiros de lixo incontrolados e promoveremos campañas de prevención que incidan na difusión dos servizos do Punto Limpo e na imposición de sancións exemplarizantes aos infractores da lexislación medioambiental.

  • Impulsaremos as explotacións gandeiras de carácter sostible

    Mediante a activación dun servizo de recollida de residuos de uso agrario e gandeiro, como os plásticos e os restos de produtos fitosanitarios.

  • Apoiaremos e impulsaremos accións de voluntariado para o coidado e preservación dos espazos naturais

    A través da colaboración con entidades ou colectivos implicados no coidado do medio ambiente mediante convocatorias abertas e públicas para que os/as voluntarios/as poidan participar na rexeración de espazos.

  • Solucionaremos os problemas detectados na rede de saneamento na Avenida de Santiago

    Trala realización dos estudos técnicos correspondentes e despois de xestionar coa Deputación de Pontevedra o financiamento necesario, poremos fin aos verquidos e problemas motivados polas choivas na rede de saneamento da Avenida de Santiago.

  • Dotación dunha nova rede de subministro de auga ao núcleo urbano dende o depósito de Penerada

    Para dotar de maior seguridade ao abastecemento de auga ao centro da Estrada, construiremos unha rede de subministro alternativa á actual, de xeito que calquera incidencia ou rotura de tuberías por mor da súa antigüidade e do seu mal estado non provoquen períodos prolongados de desabastecemento.

  • Apoiaremos aos veciños afectados pola LAT Paizás-A Estrada

    Seguiremos a defender os intereses dos veciños das parroquias afectadas pola instalación da Liña de Alta Tensión (LAT) Paizás-A Estrada, coa finalidade de evitar a súa cercanía a casas habitadas e tamén á contorna do Pazo de Oca.

  • Ampliaremos os puntos de recollida de aceites domésticos

    Estenderemos o servizo municipal de recollida de aceites domésticos coa incorporación de novos puntos de recollida para evitar que estes verquidos acaben na rede de saneamento e para garantir que reciben o tratamento axeitado.

  • Extensión da recollida de roupa usada

    Poremos en marcha nas parroquias o servizo de recollida de roupa usada.

  • Organizaremos cursos formativos sobre a prantación e coidado de especies froiteiras

    Para que os/as veciños/as interesadas na explotación e xestión de prantacións deste tipo aprendan as técnicas necesarias para coidalas axeitadamente.

  • Campañas de fomento da repoboación forestal e prantación de especies froiteiras

    Aproveitando unha data sinalada como o Día Internacional do Medio Ambiente, poremos en marcha a distribución de lotes de especies arbóreas, froiteiras e ornamentais a prezos reducidos para fomentar a repoboación.

  • Delimitaremos e habilitaremos no núcleo urbano áreas específicas para o esparcimento de cans

    Para evitar a convivencia dos cans nos parques públicos cos rapaces/as pequenos/as e tamén coa finalidade de proporcionarlle aos seus donos un lugar axeitado para que as mascotas poidan satisfacer as súas necesidades fisiolóxicas.

  • Elaboración dun estudo técnico sobre recomendacións específicas da xestión forestal para o Concello da Estrada

    Coa finalidade de aportarlle aos propietarios particulares de superficie de monte as liñas estratéxicas a seguir para unha axeitada xestión dos seus terreos e prantacións, tanto dende o punto de vista medioambiental como económico.