educación

  • Ampliación do IES Antón Losada Diéguez

    No marco do Plan de Renovación e Mellora de Infraestruturas e Equipamentos, supervisaremos o cumprimento do compromiso da Consellería de Cultura e Educación de construír unha aula polivalente e un taller para os ciclos da familia de FP de Transporte e mantemento de vehículos.

  • Mantemento e acondicionamento dos centros educativos e dos seus pavillóns

    En colaboración con outras Administracións, coordinaremos a reparación, mantemento e acondicionamento dos centros educativos existentes no municipio, así como dos seus pavillóns polideportivos.

  • Reforzaremos a colaboración coas ANPAS para facilitar o desenvolvemento da súa actividade

    Mediante o aumento das achegas económicas para axudar ao desenvolvemento do seu labor e tamén implicándonos na posta en marcha de novas actividades extraescolares.

  • Contribuiremos á mellora do funcionamento dos comedores escolares

    Continuando o incremento progresivo da partida orzamentaria reservada para tal fin, co obxectivo de subvencionar dende o 50% ata o 100% do custo para as familias con maiores dificultades para asumilo.

  • Xestionaremos o incremento da oferta docente da Escola de Idiomas

    Coa finalidade de que A Estrada acolla máis cursos e ciclos, podendo reforzar os graos e niveis da aprendizaxe de inglés e incorporando a aprendizaxe do alemán, para o que existe unha gran demanda.

  • Iniciativas de formación non regrada

    Apostaremos pola formación non regrada mediante a organización de cursos, charlas e conferencias -especialmente dirixidas á mocidade- sobre materias que as empresas demandan cada vez con máis intensidade ao seu persoal e/ou aos/ás potenciais traballadores/as: coaching, oratoria, deseño dixital, etc.

  • Unidades didácticas sobre a historia da Estrada e algúns dos seus persoeiros máis destacados

    Poremos a disposición dos centros de ensinanza Primaria e Secundaria varias unidades didácticas específicas para divulgar a historia do Concello da Estrada e as biografías dalgúns dos fillos ilustres e persoeiros máis relevantes da historia recente.

  • Xestionaremos a realización de Cursos de Verán en colaboración con universidades

    Proporémoslle a algunha universidade a posibilidade de acoller no noso pobo a celebración anual dalgún Curso de Verán vencellado ás potencialidades e peculiaridades do Concello da Estrada.

  • Programas de prevención do abandono escolar e mellora do rendemento nos ciclos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria

    Proporémoslle á comunidade educativa a implantación de iniciativas orientadas á mellora das estatísticas do fracaso escolar no noso municipio, ben a través de actividades da Xunta de Galicia ou ben mediante a colaboración con entidades e organismos especializados.

  • Ampliaremos a oferta educativa para adultos

    Xestionando coa Administración autonómica a incorporación de novos ciclos formativos de ESO e bacharelato, tanto na modadlidade presencial como a distancia, para que a formación sexa o camiño para incrementar as posibilidades de acceso ao mercado laboral.

  • Medidas de seguridade e vixilancia na contorna dos centros educativos

    Dacordo coa dispoñibilidade de efectivos da Policía Local e Protección Civil, reforzarase o control do tráfico nas zonas de tránsito próximas aos colexios do núcleo urbano, especialmente nos horarios de entrada e saída dos/as alumnos/as.

  • Axudas para a adquisición de libros escolares

    Manteremos e reforzaremos, na medida da dispoñibilidade orzamentaria, o importe da partida para axudas á compra de libros escolares, especialmente para as familias con menos recursos.

  • Coordinaremos visitas do alumnado dos centros educativos do rural a puntos de interese no núcleo urbano (Concello, Teatro Principal, museos…)

    Facilitarémoslle aos centros educativos do rural os medios e recursos necesarios para a organización de visitas guiadas a determinados puntos de interese no núcleo urbano, como a Casa Consistorial e o Salón de Plenos, o Teatro Principal, o MOME, o Museo Manuel Reimóndez Portela, etc.

  • Instauración dun Acto académico para distinguir aos mellores estudiantes

    En colaboración coa comunidade educativa e coa finalidade de promover a cultura do esforzo e a constancia nos estudos de ESO e bacharelato.