deportes

  • Construción de catro pistas de pádel a carón da piscina climatizada

    Tras as xestións realizadas nos últimos meses coa Axencia Galega de Seguridade Pública (AGASP), garantimos a construción de catro pistas de pádel nos terreos situados a carón da piscina climatizada.

  • Dotación dunhas instalacións axeitadas para a práctica do atletismo

    En resposta á crecente existencia de afeccionados/federados ao atletismo e á consecuente demanda dunhas instalacións axeitadas para a práctica deste deporte, comprometémonos a conseguir os terreos necesarios para aportarlle aos clubes unha pista coas dimensións necesarias para acoller competicións oficiais.

  • Melloras nas dependencias e na atención aos usuarios da piscina climatizada

    Dacordo cos pregos do novo concurso convocado pola AGASP para licitar a explotación do recinto da piscina climatizada, garantimos que a empresa concesionaria acometerá importantes melloras nas instalacións, que redundarán nunha maior calidade do servizo e a atención aos usuarios/as.

  • Programa de mellora e acondicionamento de instalacións deportivas

    Co dobre obxectivo de incrementar a oferta de recintos para a práctica de diferentes modalidades deportivas e de ofrecerlle aos usuarios/as unhas instalacións de maior e mellor calidade, comprometémonos a incluír nun plan de mellora de infraestruturas as seguintes actuacións:
    – Construción duns novos vestiarios no campo de fútbol do Callobre (debaixo da bancada xa existente).
    – Arranxo da cuberta, os vestiarios e a pista do frontón municipal.
    – Acondicionamento dos vestiarios das pisicinas municipais (exteriores).
    – Dotación de vestiarios e arranxo da cuberta no pavillón do CEIP Pérez Viondi.
    – Arranxo dos vestiarios do Pavillón Polideportivo Manuel Coto Ferreiro.
    – Reparación da cuberta do pavillón do CEIP de Oca.
    – Traslado das antigas torres de iluminación do campo da Baiuca ao campo de fútbol da zona deportiva.

  • Instalacións hípicas no recinto feiral de Guimarei

    Finalizaremos nos primeiros seis meses do novo mandato a creación dun Centro Hípico en Guimarei e colaboraremos na posta en marcha dunha Escola Deportiva Municipal de Hípica.

  • Creación da Escola Deportiva Municipal de Tenis de Mesa

    Habilitaremos o espazo e os recursos materiais e humanos necesarios para a práctica desta modalidade deportiva.

  • Aparatos de desfibrilación e reanimación nas principais instalacións

    Dotaremos ás principais instalacións deportivas da Estrada de aparatos de desfibrilación e reanimación para facilitar a atención urxente en casos de parada cardíaca.

  • Fomento do deporte base e o traballo coa canteira

    Continuaremos potenciando as escolas deportivas existentes e axudando economicamente a aqueles clubes que priorizan o traballo coa canteira.

  • Instauraremos a celebración do Día do Deporte en Familia

    De xeito que ao longo dunha xornada tantos os pais como os fillos poidan compatibilizar a práctica de diferentes deportes sen necesidade de tratarse de competicións oficiais.

  • Actividades para a promoción e fomento do deporte: Gala do Deporte, etc.

    Organizaremos cunha periodicidade anual a Gala do Deporte como un evento no que se recoñecerá a aqueles/as deportistas e clubes estradenses cunha mellor traxectoria durante a temporada anterior. Ademais, tamén promoveremos a organización de campus formativos con deportistas de elite.

  • Celebración na Estrada de actividades deportivas de ámbito nacional

    Xestionaremos cos clubes, organismos ou empresas correspondentes que A Estrada sexa sede de eventos, actividades ou campionatos deportivos de ámbito nacional e/ou internacional en diferentes modalidades.

  • Levaremos a práctica do deporte aos parques ou zonas libres

    Organizaremos actividades deportivas non regulamentarias en parques e/ou prazas públicas para que poida participar calquera afeccionado a modalidades como aeróbic, cardiotonic, ximnasia de mantemento, zumba, batuca, etc.