cultura

  • Adecuación do edificio de Usos Múltiples como Casa da Música

    Aproveitando e reorganizando o espazo liberado co traslado da biblioteca á Casa das Letras.

  • Proxecto de acondicionamento do patio de butacas do Teatro Principal

    Grazas a unha achega económica da Deputación Provincial de Pontevedra, acometeremos a substitución das antigas butacas para mellorar a comodidade dos espectadores.

  • Xestionaremos que o Museo Municipal Manuel Reimóndez Portela poida abrir as súas portas dun xeito estable

    A través de acordos con outras Administracións, que permitan a contratación do persoal necesario.

  • Inventario do Patrimonio Cultural Municipal

    Elaboraremos un inventario do Patrimonio Cultural Municipal e catalogaremos todos os bens de titularidade pública para garantir a súa conservación e divulgación.

  • Manteremos a aposta para potenciar á Estrada como “Capital das letras”

    Continuaremos apoiando a celebración anual dos certames de novela, poesía, teatro e xornalismo coa finalidade de posicionar á Estrada no conxunto de Galicia como a “Capital das letras”.

  • Seguiremos a reivindicar publicamente a figura e a obra de Manuel García Barros

    Buscando o financiamento necesario para a reedición da súa obra, co obxectivo último de conseguir que os académicos da RAG lle concedan máis pronto que tarde a adicatoria do Día das Letras Galegas.

  • Apoiarémonos nos colectivos e profesionais que colaboran na recuperación das tradicións locais

    Estreitaremos a colaboración cos diferentes colectivos e asociacións que manteñen vivas as tradicións propias da nosa historia: Asociación da Rapa das Bestas, Tequexetéldere, asociacións de mulleres rurais, etc.

  • Levaremos a programación cultural e lúdica aos locais sociais das parroquias

    Seguiremos unha estratexia de descentralización da programación cultural e de animación para achegala aos veciños das parroquias do rural.

  • Creación e potenciación dos Bancos de Libros e dos programas de intercambio de libros

    Colaborando cos centros educativos e promovendo entre os/as estradenses actitudes solidarias a título individual.

  • Potenciaremos a celebración anual da Feira do Libro

    Implicando ás librarías locais e incorporando á programación a presentación de exemplares de recente lanzamento e que estean de actualidade.

  • Instauraremos a Festa da Cultura Estradense

    Concebida como unha xornada lúdica e un escaparate para que todos os artistas locais e as persoas vencelladas a calquera modo de expresión cultural poidan amosar publicamente o seu traballo.

  • Retomaremos a celebración do Ano Cultural adicado a persoeiros locais destacados polo seu labor a prol da cultura

    Coa finalidade de contribuír á difusión da súa biografía e obra, especialmente entre o alumnado dos centros educativos.

  • Proporémoslle aos artistas e músicos locais a edición dun traballo discográfico conxunto con fins solidarios

    De xeito que a súa comercialización permita, ademais de darse a coñecer, recadar fondos para os colectivos de acción social que maior actividade realizan no noso municipio.